QUE CULPA TEÑO EU DE NON SER NEGRO?
Son un anacoluto con pernas
Anacoluto parlante/ anacoluto farsante
ANACOLUTO:
Construción gramatical na que hai falta de ordenación sintáctica entre os elementos dunha secuencia
Todas/ todos somos unha secuencia
Unha secuencia de xenes confusos
Xenoma distraído
Todo é sintáctico/ TODO É SINTAXE
O PODER É SINTAXE
A DESORDE SINTÁCTICA É O CAOS DO CONTRAPODER
A DISLEXIA DOS RUÍDOS
A AFASIA DOS SILENCIOS
O TATEXAR DO BARULLO AMBIENTE
HAI ANACORETAS: ASCETAS DO SILENCIO
NÓS SOMOS/ QUEREMOS SER “ANAKOLUTAS”
A TRIBO DOS ANAKOLUTAS, ETNIA DE BARULLOS, CLAN DE SINTAXES DESESPERADAS
QUE CULPA TEÑO EU DE NON SER NEGRO?
Son un anacoluta que só se pode expresar pola linguaxe de signos
Hai unha DATA HISTÓRICA para os portadores da ACCIÓN ANAKOLUTO
Escribo “anakoluto” con “k” porque o vin nun mural de gritos xordomudos
Escrito con spray urxente
Unha DATA HISTÓRICA para os militantes da ACCIÓN ANAKOLUTO
Un día calquera de decembro de 2011, Johanesburgo, funeral tele-intergaláctico de Nelson Mandela:
Un negro, THAMSANQA JANTZIE, que tampouco tiña culpa de ser negro/ tampouco tiña culpa de non ser branco
Jantzie fíxose pasar por intérprete profesional de lingua de signos
Camuflouse entre xefes de estado do mundo todo
Alí mesmiño, a carón de tipos como Obama
Intérprete profesional e nin puta idea
Un psicópata, acusado de asasinato en 2003,
Un psicópata que antes do comezo do ritual pediulle un avión a Obama para o nadal
Eu son o alter ego de THAMSANQA JANTJIE
Que culpa teño eu non de non ser negro?
MANS DEBUXANO O AIRE
AS MANS FALAN
FALAN DO CAOS DO USURPADOR
DICÍA A GOLPE DE ACENOS, DE XESTOS ARREBATADOS
“BOLA DE DEMOLICIÓN/ CHEGACJES/ CORTA TOMATES RECENTES/ PONOS EN ACEITE 50 MINS./ FRITE AS CEBOLAS/ {CAROLIZE}/ {CAROLIZE}
Que hostia quere dicir {carolize}
What about {carolize} Volver Carol?
[Pégame e chámame Carol]
(Sigue)
ENGADE POLO E COCÍÑAO BEN
MILLÓNS DE MENSAXES DE PAZ
HOME BRILLANTE HOME SABIO/ NÓS TAMÉN SOMOS SABIOS
QU´EST QUE C’CEST/ FA/ FA/ FA/ RUN/RUN AWAY/CORRE/FUXE
COCIÑA O ARROZ E PONOS EN AUGA FERVENDO
AXUDA/ AXUDA/ NECESITO ALGUÉN
MAMA MINNIE
OLA/ BENVIDO/ ATA O MOMENTO/ ASÍ/ UNIR CIGARROS/ UNIR/ DIFERENTE A TI/ GUSTARÍAME ORAR/ ISTO É DIVERTIDO/ TODOS OS BALÓNS/ ISTO É BO/ SÍNTOO”
Así falou THAMSANQA JANTJIE
Vehemente demente
Acusado de asesinato en 2003
Diagnosticado de esquzofrenia
NON RIADES/ O 1% DA POBOACIÓN DO PLANETA SOMOS ESQUIZOS!
Acusado de asasinato: matou brutalmente a dous ladróns de televisores/ Asasinados: roda no pescozo e prendeulles lume
Así executaban en Soweto aos colaboracionistas do apartheid
THAMSANQA JANTJIE/ Camuflado no medio do protocolo do funeral de Mandela ata estar no palco presidencial
Xa o fixera/ Xa o fixera outra vez/ oh! Admirado THAMSANQA:
2003/ No funeral da activista ALBERTINA SISULU
Camuflado de experto en lingua de signos e contratado pola empresa “Professional Interpreters”
PROTESTAS DOÍDAS E ALDRAXADAS DA FEDERACIÓN DE XORDOS DE SUDÁFRICA
THAMSANQA! THAMSANQA! LÍDER THAMSANQA! FUNDADOR CASUAL DA ETNIA DOS ANACOLUTAS EN ACCIÓN/ ANACOLUTAS EN ACCIÓN/ ANXOS DE RUÍDO NO SUBCONSCIENTE
THAMSANQA/ THAMSANQA dicías que tiñas anxos de ruído na cabeza
AS MANS FALAN
OS PUÑO PECHO É LOITA/ AVANCE
A MAN ABERTA É PAZ/ OU “HEIL HITLER”
UNHA MAN ABERTA SIGNIFICA: ESTÁSE SORTEANDO UNHA HOSTIA E HAI QUEN TEN TODOS OS NÚMEROS
A MAN ABERTA TAMÉN SIGNIFICA STOP
OS DEDOS SON TILDES DAS MANS
OS DEDOS EN “V”, VITORIA
UNHA PEINETA, SODOMIZACIÓN OU PODERÍA SER SEXO ORAL OU “MONTA AQUÍ E PEDALEA”
O ÍNDICE E O MEÑIQUE ESTENDIDOS, MACHOCABRÍO
UNHA MAN ARRUBUÑANDO A SABA DUNHA CAMA É SIMULACIÓN DO ORGASMO/ MESMO ORGASMO
Que culpa temos nós de sermos negras/ brancas/ negros/ brancos
Aos poucos días/ O primeiro militante en Florida
O primeiro activista anacoluta na información sobre o furacan IRMA:
“TRAEDE PIZZAS CON OSOS MONSTROSOS”
Así dicía o primeiro activista da tribo anakoluta, semanas despois en Florida
Gastronomía, sempre gastronomía nos anticódigos falsarios dos farsantes camuflados de profesionais en linguaxe de signos
En Johanesburgo, “polo con arroz”
En Florida, “pizzas de osos monstrosos”
A gastronomía como xeografía do caos/ dialéctica da entropía/ semántica da desorde organizada
E eu aquí facendo que fago de negro como facía de cantor de jazz Al Jolson
Falando coas mans
Labazadas contra o vento
1927: O Cantor De Jazzm primeiro filme con son sincrionizado
A técnica do VITAPHONE
Vitaphone. Literalmente: a vida é son
EU, que culpa teño de non ser negro
Uso o método de interpretación: BLACKFACE
UNS POUCOS SEGUNDOS SONORIZADOS, O RESTO DA HISTORIA CONTADO POR CARTACES/ UNHA HISTORIA COMPLEXA, ANTES DO CANTOR, A MORTE DUN RABINO
E O NOME DO RABINO É BEN SIMPLE “RABINOBITCH”
DE RABINO, RABINOBITCH/ DE NABO, NABOBITCH
O FUNERAL DE MANDELA/ O INFORME TELVISIVO DO FURACÁN IRMA/ FAKSIFICACIÓNS DA LINGUAXE DE SIGNOS/
JOAHANESBURGO/ FLORIDA/ O NEGRO QUE NON ERA NEGRO/ BLACKFACE/
CAOS METAFÓRICO DE CONVICIÓNS
MANIFESTO DA ACCIÓN ANAKOLUTO
MANS! MANS! LABAZADAS CONTRA O AIRE/ MANEXAR/ MANEXAR QUE VÉN DE MAN/ APALPAR QUE VÉN DE MANS QUE APALPAN/ MANS ANACOLUTAS/ SINTAXE TORPE DOS MANUAIS DE MAN/ MAN/ MAN CO MAN
MANS PARA BORRARME
PARA BORRALLARME
Que culpa teño eu de non ser negro?
Bórrame e chámame Carol
Bórrame
Chámame Carol
Bórrame
(Torenta de mans esfregando teas e plásticos)
BÓRRAME/ BÓRRAME/ BORÁLLAME/ BÓRRAME/ HOSTIA/ BÓRRAME