activar o son
As actividades desenvólvense nas dúas sedes de forma bastante diferenciada.

A sede ‘Mi Path os Doy’ ten dous locais na aldea de Trasanquelos.

Nun local realízanse as exposicións e actividades de tempada, onde se mostrarán pezas inéditas ou pouco coñecidas de Carlos Pazos e traballos doutros artistas, próximos a Pazos na súa actitude e aproximación á arte.

Nin mestres, nin epígonos; cómplices con graos de intensidade variable.

Noutro local se reunen os arquivos, a biblioteca, a discoteca, a videoteca, algúns vestidos e outras coleccións de Pazos e Cuchillo, así como unha serie de ‘trastos’ que eles acumularon ao longo dos anos.