As actividades desenvólvense nas dúas sedes de forma bastante diferenciada.
A sede ‘Portátil’ está dedicada a reunir e expoñer, a modo de colección permanente, a obra de Carlos Pazos.
Conta con trece cubículos, denominados ‘carromatos’, porque son móbiles e pódense desprazar e percorrer o mundo como as caravanas dun circo.
Os ‘carromatos’ están instalados nos terreos da fábrica Zedis, no polígono industrial de Lliçà d’Amunt, a uns 20 km de Barcelona e 4 km de Granollers.
A fábrica Zedis é propiedade de Josep Lluís Hernández Palay, compañeiro de pupitre de
Carlos Pazos os dous últimos anos de Bacharelato e o entón chamado Preuniversitario.
Nos ‘carromatos’ preséntase obra de CP seguindo, a grandes trazos, a estrutura utilizada na exposición antolóxica ‘No me digas nada’ (MACBA e MNCARS, 2007).
Uns ‘carromatos’ están dedicados a épocas (mocidade, ‘Voy a hacer de mí una estrella’),
temas (sexo, música, discurso sobre a arte, etc.) e outros se reservan a exposicións
temporais.
En ‘Portátil’ móstrase unha parte da colección permanente de Carlos Pazos en ‘white cubes’, que non sempre son brancos.